Unha muller recibe 15.000 euros polo accidente que deixou impotente ao seu marido

A demandante alegou que "a vida sexual non é traducible en euros" e que desde o sinistro xa non pode vivila "en toda a súa dimensión"
Pés dunha parella nunha cama. EP
photo_camera Pés dunha parella nunha cama. EP

Unha muller vai ser indemnizada por unha compañía de seguros con 15.000 euros despois de que o seu marido quedase impotente por mor dun accidente de tráfico, tal e como sentenciou un tribunal da cidade portuguesa de Évora.

A muller inicialmente reclamou á compañía de seguros 120.000 euros polo feito de que tras o accidente o seu marido non podía manter relacións sexuais nin ter fillos, ao que o tribunal considerou que se a súa preocupación era ter fillos podía recorrer á inseminación artificial.

A muller asegura, ademais de que a inseminación artificial require duns custos moito maiores, que o único problema non é non poder ter máis descendencia, senón os problemas que ten o seu marido á hora de manter relacións.

Engade que "a vida sexual non é traducible en euros" e que desde o accidente xa non pode vivila "en toda a súa dimensión", porque as capacidades do seu marido diminuíron, o que lle levou a deixar de ter relacións con el.

O tribunal considera pola súa banda que os danos que sofre o home son "de orde psíquica" e non físico, polo que os 15.000 son unha compensación "xusta e equitativa" para que solucione os seus problemas.

Comentarios