A OMS detén os ensaios con hidroxicloroquina ao detectar maior mortalidade

Donald Trump anunciou a semana pasada que estaba a tomar este medicamento pola súa conta e risco a pesar de non contraer o Covid-19
Tedros Adhanom Ghebreyesus. director general de la OMS. EFE
photo_camera Tedros Adhanom Ghebreyesus. director general de la OMS. EFE

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, anunciou este luns que o organismo deterá temporalmente os ensaios clínicos con hidroxicloroquina en pacientes de COVID-19, ao detectarse un maior índice de mortalidade en enfermos que recibiron ese tratamento.

A decisión, unha medida de cautela que podería ser revisada, tomouse tras a publicación o pasado venres na revista médica The Lancet dun estudo no que se sinalaban maiores taxas de mortalidade en pacientes nos que se ensaiaron tratamentos con hidroxicloroquina, usada habitualmente contra a malaria.

"Tras ler a publicación, decidimos á luz destas dúbidas ser cautos e suspender temporalmente a afiliación a este medicamento", explicou a xefa de científicos da OMS, Soumya Swaminathan Chief Scientist.

Tras a pausa nos ensaios, a OMS continuará recompilando datos para confirmar os publicados por The Lancet e revisará a decisión en futuras reunións xunto a responsables médicos dos países que levan a cabo os ensaios patrocinados pola organización, baixo o programa Solidarity Trial.

A medida cautelar, que podería afectar a países como Brasil (quen a semana pasada aprobou o uso xeneralizado da hidroxicloroquina en pacientes de Covid-19) en principio non se aplica á cloroquina, da que a anterior é un derivado e que tamén está incluída nos ensaios clínicos da OMS.

Máis de 400 hospitais en 35 países, entre eles España, participan nos Solidarity Trials, nos que se recrutou a 3.500 pacientes.

Outros ensaios clínicos patrocinados pola OMS proba en pacientes o antiviral remdesivir (normalmente usado contra o ébola), unha combinación de lopinavir e ritonavir (comunmente usados para portadores de VIH) e o interferon beta, habitual tratamento contra a esclerose múltiple.

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou a semana pasada que estaba a tomar este medicamento a pesar de non contraer o virus e da advertencia do médico da Casa Branca de que non existían resultados concluíntes de que o seu uso fose eficaz para tratar o Covid-19, ademais de ser un tratamento que pode carrexar efectos secundarios.

Comentarios