miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

O papa di que quen rexeita os homosexuais "non ten corazón humano"

O papa Francisco. CLAUDIO PERI (EFE)
O papa Francisco. CLAUDIO PERI (EFE)

Mantivo unha conversación co comediante británico Stephen K. Amos que emite a BBC este venres

O papa Francisco afirmou que quen rexeita os homosexuais "non ten corazón humano", durante unha conversación que mantivo co comediante británico Stephen K. Amos e que será emitida este venres pola cadea de televisión BBC de Londres.

A BBC publicou nas redes sociais un adianto desta conversación na que se pode ver a Amos explicando ao papa Francisco que non é crente e que viaxou a Roma "buscando respostas e fe". 

"Pero, como home gai, non me sinto aceptado", dille, segundo se escoita nas imaxes do programa "Pilgrimage: The Road To Rome".

O papa Francisco responde de inmediato que dar "máis importancia ao adxectivo ('gai') que ao sustantivo ('home') non é bo". 

"Todos somos seres humanos, temos dignidade. Se unha persoa ten unha tendencia ou outra, isto non lle quita a dignidade como persoa", argumenta o pontífice arxentino. 

"A xente que decide rexeitar ás persoas polo adxectivo é xente que non ten corazón humano", engade, unhas palabras que emocionan a Amos.

O papa Francisco defendeu en numerosas ocasións a necesidade de respectar as persoas homosexuais e na viaxe de regreso de Brasil en 2013 preguntouse que quen era el para xulgar aos gais.

Por outra banda, o Sínodo de bispos sobre a familia de outubro de 2014 aprobou un extenso documento no que lanzaba unha reflexión sobre problemas da familia actual, como os divorciados voltos casar, e apoiaba unha Igrexa católica que acollese a todos, incluídos os homosexuais.

O papa di que quen rexeita os homosexuais "non ten corazón humano"
Comentarios