Piden 14 anos para un pai que quixo matar o fillo por non deixar de estudar

Está acusado de intentar matar o seu fillo apuñalándoo varias veces cun coitelo, no domicilio familiar de Madrid, en novembro de 2016

Audiencia Provincial de Madrid. EFE
photo_camera Audiencia Provincial de Madrid. EFE

A Fiscalía pide catorce anos de cárcere para un home acusado de intentar matar ao seu fillo apuñalándoo varias veces cun coitelo, no domicilio familiar de Madrid, en novembro de 2016, por negarse a abandonar os seus estudos para dedicarse a traballar. 

A Audiencia Provincial de Madrid sinalou para o vindeiro martes o xuízo de Saliu B. pola suposta comisión dun delito de homicidio en grao de tentativa coa circunstancia agravante de parentesco, informa a Fiscalía.

Segundo o escrito de cualificación do fiscal, os feitos producíronse sobre as 12:30 horas do 7 de novembro de 2016 cando o acusado se dirixiu ao dormitorio do seu fillo co que mantiña desavinzas ante a negativa deste a non deixar os estudos e dedicarse á vida laboral como lle esixía o proxenitor.

Xa no interior do dormitorio, Saliu B. cravou un coitelo de forma reiterada na zona do abdome do seu fillo sen que este puidese realizar acto defensivo algún ao acharse tombado na cama e en situación de somnolencia.

O mozo espertouse a consecuencia da agresión e logrou achegarse á porta do dormitorio que o seu pai pechara con chave ata que finalmente caeu ao chan ao abandonarlle a forza física. 

Finalmente, foi o seu propio pai quen chamou á Policía para comunicarlles o que sucedera, e a intervención dos servizos sanitarios evitaron o falecemento do mozo, que nese momento tiña 18 anos, sempre segundo o relato do fiscal.

A Fiscalía tamén pide que se prohiba ao acusado, nacido en Guinea Bissau pero que leva residindo en España case vinte anos, comunicarse ou achegarse ao seu fillo a menos de 500 metros do seu domicilio ou lugar de traballo durante quince anos. 

Comentarios