Piden retirar un libro de Bioloxía que aconsella "abstinencia" contra as enfermidades de trasmisión sexual

O manual, que define o aborto como "problema social", é utilizado en centros públicos e concertados de polo menos seis comunidades

O libro asegura que utilizar o preservativo "podería favorecer algunhas condutas de risco, como o cambio de parella". EP
photo_camera O libro asegura que utilizar o preservativo "podería favorecer algunhas condutas de risco, como o cambio de parella". EP

O Goberno de Aragón pediu a retirada dun libro de Bioloxía de terceiro de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no que se recomenda a "abstinencia" e a "fidelidade" como formas de previr as enfermidades de transmisión sexual (ETS).

O Executivo autonómico confirmoU a Efe que en Aragón se detectou o uso deste manual para escolares de 14 anos unicamente nun instituto público, e que xa se pediu a súa retirada por contidos "inapropiados".

A Cadeba Ser informou este luns da utilización deste manual, da editorial católica Casals, en centros públicos e concertados de polo menos seis comunidades autónomas -Aragón, Cataluña, Canarias, Andalucía, Comunidade Valenciana e Castela-A Mancha-.

No manual asegúrase que para evitar o sida e outras enfermidades de transmisión sexual é recomendable practicar a "abstinencia sexual" e a "fidelidade" e, en última instancia, utilizar o "preservativo ou outros métodos de barreira ou químicos", aínda que estes poderían "favorecer algunhas condutas de risco, como o cambio de parella, tanto homosexual como heterosexual".

O libro asegura que o uso do "preservativo podería favorecer algunhas condutas de risco, como o cambio de parella, tanto homosexual como heterosexual"

O texto tamén argumenta que a relación sexual entre humanos "non é un mero acto fisiolóxico, senón que se realiza no contexto do amor" e define ao aborto como "problema social" na súa gran maioría "motivado por causas económicas".

Desde o Goberno de Aragón precisaron que os centros teñen autonomía para elixir os seus materiais, pero que estes deben adaptarse sempre ao currículo educativo.

Por iso, cando se detecta un erro nun manual, como é o caso, os propios centros notifícano ao Departamento e a administración educativa actúa como agora, pedindo a súa retirada.

Neste curso, o Executivo aragonés pediu xa a retirada doutros tres libros de texto por considerar que terxiversaban a historia, ao citar á Coroa de Aragón como "coroa catalano-aragonesa", termo inexistente historicamente. 

Comentarios