O PP pídelle ao PSOE "cinco votos ao azar" para aprobar os Orzamentos

Maroto acusa ao PNV de "chantaxear" ao Goberno

Pedro Sánchez, en un desayuno informativo. PACO CAMPOS
photo_camera Pedro Sánchez, en un desayuno informativo. PACO CAMPOS

O vicesecretario de Política Social e Sectorial do PP, Javier Maroto, acusou este luns ao PNV de estar "chantaxeando ao Goberno" ao condicionar o seu apoio aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a que se deixe de aplicar o artigo 155. Por iso, pediu ao PSOE que preste "cinco votos ao azar" para sortear este obstáculo e permitir que as contas salgan adiante. 

"Se eu fose Pedro Sánchez, prestaría cinco votos do PSOE ao azar para eliminar esa chantaxe do PNV", asegurou nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, na que engadiu que isto lle permitiría ao líder socialista facer un discurso de oposición "moito máis digno", porque contribuiría a evitar que a estabilidade en España "rompa". 

Nesta liña, Maroto mostrouse moi duro coa postura do PNV, ao que acusou de estar a se preocupar só "dos independentistas vascos", ao pór o 155 por diante do "conxunto de Euskadi". "Cando un pensa na súa terra, teñen que meditar estas cousas", apostilou. 

Neste punto, aproveitou para lanzar unha mensaxe ao PSOE e pedir ao seu secretario xeral que axude ao Goberno a sacar adiante os Orzamentos, prestando cinco deputados, e contribúa a evitar así a "chantaxe" e as "ameazas" do PNV. 

Comentarios