jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

O PSOE ofrécelle a Carmena ser a súa candidata en Madrid nas municipais de 2019

Manuela Carmena. ANTONELLO BUSCA (EFE)
Manuela Carmena. ANTONELLO BUSCA (EFE)

A alcaldesa aínda non ten tomada ningunha decisión sobre o seu futuro

Tormenta na política municipal madrileña. O PSOE ofreceulle a Manuela Carmena, alcaldesa por Ahora Madrid, ser a súa candidata nas eleccións municipais de 2019.

Segundo informa El País, a proposta realizouse en decembro e Carmena non a recibiu con malos ollos, aínda que solicitaría que se cumprisen varias peticións para aceptar.

O xornal do grupo Prisa tamén asegura, citando a fontes do goberno municipal, que a rexedora está desencantada con algunhas faccións da súa formación, pero que aínda non ten tomada ningunha decisión sobre o seu futuro.

As reaccións
A proposta, segundo dixeron a Efe fontes de Alcaldía, tería "un non por respossta" xa que a rexedora "xamais" se presentaría baixo as siglas socialistas.

O secretario xeral do PSOE-M, José Manuel Franco, admitiu que tivo unha "charla informal" coa alcaldesa de Madrid, á que lle dixo que sería unha "boa candidata" para a lista do PSOE na capital, aínda que engadiu que non se tratou dun "ofrecemento informal". 

O PSOE ofrécelle a Carmena ser a súa candidata en Madrid nas...
Comentarios