Puigdemont critica os seis meses en prisión de Junqueras e Forn: "Só os débiles encarceran os rivais políticos"

"Son reféns da degradación democrática española", escribiu na súa conta de Twitter

Carles Puigdemont. EFE
photo_camera Carles Puigdemont. EFE

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont lamentou este mércores os seis meses de encarceramento do exvicepresidente do Govern e líder de ERC, Oriol Junqueras, e do exconseller Joaquim Forn (PDeCAT). "Só os débiles encarceran os rivais políticos. O vicepresidente Junqueras e o conseller Forn hai seis meses que son reféns da degradación democrática española", expuxo nun apuntamento en Twitter.

Puigdemont afirmou que Junqueras e Forn son un exemplo e que os seus valores son a base dunha república da liberdade, e confiou en que o soberanismo superará a situación actual: "Sairemos adiante". 

Este mércores cúmprense seis meses desde que a Audiencia Nacional decretou prisión incondicional para oito membros do Govern, e Junqueras e Forn están desde entón no centro penal de Estremera. 

ERC e PDeCAT organizaron para este mércores ás 19.30 horas en praza Sant Jaume unha concentración de apoio aos encarcerados e en concreto a Junqueras e a Forn polo seu medio ano no cárcere. 
 

Comentarios