Rusia produce a primeira partida da súa vacina contra o coronavirus

Alexandr Ginzburg indicou que para o decembro próximo ou xaneiro de 2021 o país creará mensualmente cinco millóns de doses da Spútnik V
Spútnik V. EFE
photo_camera Spútnik V. EFE

O Ministerio de Sanidade de Rusia anunciou este sábado que produciu a primeira partida da vacina anti-Covid-19 rexistrada no país que se comercializará co nome de Spútnik V.

"Foi producida a primeira partida da vacina elaborada polo Centro de Microbiología e Epidemiología Gamaleya do Ministerio de Sanidade de Rusia", afirma en comunicado.

Con anterioridade, o director do Centro Gamaleya, Alexandr Ginzburg, indicou que para o decembro próximo ou xaneiro de 2021 o país producirá mensualmente cinco millóns de doses da vacina e que en curso dun ano o país poderá cubrir toda as necesidades deste preparado.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) recibiu con cautela a noticia de que Rusia rexistrara a primeira vacina do mundo contra a Covid-19, sinalando que esta, como o resto, deberán seguir os trámites de precalificación e revisión que marca o organismo.

"Non sabemos moito sobre ela, esperamos que funcione, de verdade, esperamos que funcione", dixo Trump

A vacina rusa non figuraba entre as seis que, segundo sinalou a OMS a semana pasada, estaban máis avanzadas.

O organismo con sede en Xenebra citara entre esas seis a tres candidatas a vacinas desenvolvidas por laboratorios chineses, dous estadounidenses (das farmacéuticas Pfizer e Moderna) e a británica desenvolvida por AstraZeneca en colaboración coa Universidade de Oxford.

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, afirmou este venres que Rusia "saltouse certos ensaios" á hora de desenvolver a vacina, e asegurou que o seu país non fará o mesmo.

"Non sabemos moito sobre ela, esperamos que funcione, de verdade, esperamos que funcione", dixo Trump, quen no entanto advirtio nunha rolda de prensa na Casa Branca que se saltaron certos ensaios, e nós cremos que é importante seguir todo o proceso".

O director dos Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos, Francis Collins, chegou a comparar cunha "ruleta rusa" a decisión dos desarrolladores da vacina en Rusia de saltarse o que describiu como "partes fundamentais" do proceso de aprobación.

A día de hoxe, Rusia acumula 917.884 casos de Covid-19 e 15.617 falecementos por esta enfermidade.

Comentarios