Sánchez defende os Orzamentos entre críticas internas polo apoio de Bildu

Algúns baróns socialistas han criticado ao presidente, que asegurou que o acordo permite abrir "un futuro de estabilidade e progreso"
El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez. EFE
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez. EFE

O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, defendeu este venres a súa proposta de Orzamentos Xerais do Estado, no medio das críticas dalgúns baróns socialistas polo apoio de EH-Bildu á tramitación, o que Ciudadanos aproveitou para reclamar ao presidente que escoite "as voces moderadas" do seu partido porque está a tempo de rectificar.

Un día despois do rexeitamento no Congreso ás emendas á totalidade do proxecto dos PGE 2021, continúa a fervenza de reaccións tanto dentro das filas socialistas como desde a oposición, pois o PP vincula o apoio da formación abertzale ao achegamento de presos de ETA a cárceres vascos.

Sánchez participou este venres en Pamplona nun acto no que presentou o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, xunto á presidenta do Goberno de Navarra, María Chivite, e onde non fixo alusión algunha ao apoio de EH-Bildu á tramitación dos orzamentos. 

Na presentación, afirmou que cos novos orzamentos España "di adeus ao pasado" e abre "un futuro de estabilidade e de progreso".

O PP vincula o apoio da formación abertzale ao achegamento de presos de Eta a cárceres vascos

"Entre avanzar e quedarnos como estamos", o Congreso dos Deputados "decide avanzar", e iso significa —sostivo— que cando se aproben as contas poderase iniciar a convocatoria dos proxectos de transformación e recuperación económica, ao amparo dos fondos europeos, que España necesita para afrontar a crise derivada da pandemia, engadiu.

Tampouco fixo ningunha alusión ás críticas internas expresadas por varios líderes socialistas, aínda que o presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, manifestou que o Executivo está a ter que "comulgar con rodas de muíño", algo ao que lles obriga Pablo Igresias", quen lles está marcando a axenda.

"Estamos a padecer un tacticismo, que é sacar o orzamento do xeito que sexa, e iso leva a que Pablo Iglesias se poida permitir o luxo de vetar a Ciudadanos, o que vai en contra do que quería o PSOE e estivo a intentar o presidente do Goberno", dixo Page.

Cidadáns aproveitou a conxuntura para apelar "ás voces moderadas do PSOE, á maioría dos españois e ao sentido común" antes de negociar co líder de EH-Bildu, Arnaldo Otegi, e sinalou que Sánchez aínda ten tempo para rectificar.

Outros líderes do PSOE como Guiillermo Vara ou Susana Díaz expresaron o seu discordancia: "O único que espero de Bildu é que pidan perdón aos españois polo dano que fixeron", dixo a secretaria xeral do PSOE de Andalucía este xoves.

Ciudadanos aproveitou para pedir a Sánchez que escoite "ás voces moderadas do PSOE"

Mentres, outros compañeiros de filas socialistas, como Miquel Iceta (PSC) e Idoia Mendia (PSE-EE), apelaron á necesidade de sacar adiante uns orzamentos na actual crise.

Mendia tamén valorou que EH Bildu se implique na gobernabilidade de España, á vez que subliñou que cando ETA mataba o que se lles pedía é que fixesen política.

Iceta cre que sería "catastrófico" que as contas decaesen nun contexto de pandemia: "Ao meu non me causan náuseas uns apoios ou outros", dixo.

En canto ao PP, o seu líder Pablo Casado, este venres acusou a Sánchez de negociar un achegamento de presos de ETA a cárceres vascos a cambio do apoio dos abertzales aos orzamentos, tras coñecerse o traslado de Mikel Azurmendi, condenado polo asasinato do concelleiro do PP de Sevilla Alberto Jiménez Becerril, e da súa esposa, Ascensión García, ao cárcere de Zuera (Zaragoza).

Comentarios