Sanidade notifica 17 mortes e 174 novos diagnósticos de Covid-19

 A cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia sitúase nos 28.385
Fernando Simón. MARISCAL (Efe)
photo_camera Fernando Simón. MARISCAL (Efe)

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres 17 mortes con Covid-19 en 24 horas, así como 21 falecementos na última semana, situándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia sitúase nos 28.385. 

Así mesmo, notificáronse 174 novos positivos, en comparación cos 134 do xoves, o que sitúa en 250.545 as persoas que se infectaron polo novo coronavirus. Ata 1.165 persoas iniciaron síntomas de Covid-19 nas dúas últimas semanas, das que 352 producíronse nos últimos sete días. 

Ademais, 11.704 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 13 nos últimos 7 días; e 125.484 precisaron hospitalización, 141 na última semana. 

Andalucía (2), Castela-A Mancha (2), Castela e León (4), Cataluña (2), Madrid (7), País Vasco (3) e A Rioxa (1) son as únicas rexións que notificaron un falecido nos últimos sete días. No entanto, en Andalucía xa faleceron 1.433 persoas; en Aragón 912; en Asturias 334; en Baleares 224; en Canarias 162; en Cantabria 216; en Castela-A Mancha 3.026; e en Castela e León 2.787. 

Ademais, 5.673 persoas faleceron en Cataluña como consecuencia do coronavirus; en Ceuta contabilizáronse 4 falecidos desde o comezo da pandemia; na Comunidade Valenciana 1.432; en Estremadura 519; en Galicia 619; en Madrid 8.439; en Melilla 2; en Murcia 148; en Navarra 528; no País Vasco 1.561; e na Rioxa 366. 

En total, en Andalucía xa se diagnosticaron a 13.205 persoas con Covid-19 (9 nas últimas 24 horas); en Aragón a 6.412 (31 no último día); en Asturias a 2.435; en Baleares a 2.228 (un máis); en Canarias en total deron positivo en PCR 2.436 persoas (un máis respecto ao xoves); en Cantabria 2.364; en Castela-A Mancha 18.209 (oito nas últimas 24 horas); e en Castela e León 19.753. 

Así mesmo, en Cataluña rexistráronse 62.057 casos (42 novos); en Ceuta 163; na Comunidade Valenciana 11.630 (sete novos); en Estremadura 3.047 (sete novos); en Galicia 9.251 (11 nas últimas 24 horas); en Madrid 72.168 (50 máis respecto ao xoves); en Melilla 126 casos; en Murcia 1.697 (tres novos); en Navarra 5.477 (un máis); no País Vasco contabilizáronse xa a 13.809 persoas positivas nas probas PCR (tres máis); e na Rioxa 4.078.

Comentarios