martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

O Goberno prohibe os velorios e limita os cortexos fúnebres a tres persoas

Un cemiterio galego. ARQUIVO
Un cemiterio galego. ARQUIVO
O Goberno establece que os prezos dos servizos funerarios non poderán ser superiores aos vixentes antes da declaración do estado de alarma

O Ministerio de Sanidade prohibe desde este luns a celebración de velorios en todo tipo de instalacións, así como nos domicilios, e as cerimonias fúnebres para "limitar a propagación e o contaxio" do coronavirus. Establece ademais que os cortexos fúnebres só poderán estar compostos por tres familiares ou achegados e o sacerdote ou quen oficie o culto. 

Dá así un paso máis aló nas restricións que xa afectaban a este tipo de actividade en Galicia. Cando entrou en vigor o estado de alarma e as medidas de confinamento, a Administración galega estableceu unha serie de limitacións na actividade funeraria e os velorios, funerais e enterramentos.

Esas restricións endurecéronse a pasada semana cando, entre outras cuestións (como as relacionadas coa desinfección e a distancia entre persoas), anunciouse que non debían producirse abrazos, bicos e outras mostras de condolencia, que non podería haber máis de oito persoas nas salas de velorios es e que os cortexos fúnebres non debían estar formados por máis de 20 persoas.

Desde este luns establécese, en virtude da orde SND/298/2020 publicada no Boletín Oficial do Estado, a prohibición de cerimonias e velorios, que afecta a todos os falecidos, e non só a aqueles que estivesen infectados por Covid-19.

O Goberno subliña que esas cerimonias é difícil asegurar a aplicación das medidas de distanciamento

Neste sentido, Sanidade recoñece que "debido ás especiais características que rodean as cerimonias fúnebres, é difícil asegurar a aplicación das medidas de contención e distanciamento coa separación interpersoal de máis dun metro necesaria para limitar a propagación do virus".

É tamén por iso que o departamento que dirixe Salvador Illa establece que a participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida se restrinxe a un máximo de tres familiares ou achegados, ademais, no seu caso, do ministro de culto ou persoa encargada dos ritos funerarios.

Ademais, o ministerio establece que mentres estea en vigor o estado de alarma os prezos dos servizos funerarios non poderán ser superiores aos vixentes antes do 14 de marzo. Nese sentido, as empresas deberán facilitar ao usuario, antes da contratación do servizo, un orzamento desglosado por cada un dos conceptos e a lista de prezos vixente antes da declaración do estado de alarma.

Para rematar, Sanidade establece que non se poderán realizar prácticas de tanatoestética, tanatopraxia, nin intervencións por motivos relixiosos que impliquen procedementos invasivos no cadáver a persoas falecidas por Covid-19.

O Goberno prohibe os velorios e limita os cortexos fúnebres a tres...
Comentarios