Sanidade rexistra 9.437 novos casos e eleva a cifra de falecidos aos 30.004

Nas últimas horas morreron 156 persoas
Persoal sanitario realizando test rápidos. EFE
photo_camera Persoal sanitario realizando test rápidos. EFE

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes 9.437 casos de Covid-19, dos cales 3.022 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 3.023 do luns, o que eleva a cifra total de persoas infectadas en España por coronavirus ata 603.167, a falta dos datos de Cataluña que non puido actualizalos. 

Así mesmo, o departamento dirixe Salvador Illa notificou este martes 156 falecidos por Covid-19 máis, 303 na última semana. Xa que logo, a cifra global de falecidos por Covid-19 en España sitúase nas 30.004 persoas. 

Actualmente hai 9.752 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 1.273 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.229 ingresos e 1.035 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase xa no 8,5 por cento. 

Dos 3.022 novos casos, 1.207 localizáronse en Madrid, 228 en Andalucía, 220 en Aragón, 52 en Asturias, catro en Baleares, 107 en Canarias, 78 en Cantabria, 55 en Castela-A Mancha, 85 en Castela e León, tres en Ceuta, 68 en Comunidade Valenciana, 107 en Estremadura, 125 en Galicia, 15 en Melilla, 27 en Murcia, 302 en Navarra, 270 en País Vasco e 69 na Rioxa. 

En canto ás mortes, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou xa 1.614 falecementos en Andalucía (48 na última semana); en Aragón 1.212; en Asturias 340 (dous na última semana); en Baleares 264 (10 nos últimos sete días); en Canarias 200 (12 nunha semana); en Cantabria 227; en Castela-A Mancha 3.058 (oito na última semana); e en Castela e León 2.912 (31 nos últimos sete días). 

Ademais, 5.780 persoas faleceron en Cataluña como consecuencia do coronavirus (cinco nos últimos sete días); en Ceuta contabilizáronse oito falecidos desde o comezo da pandemia (dúas na última semana); na Comunidade Valenciana 1.521 (15 nos últimos sete días); en Estremadura 538 (catro nunha semana); en Galicia 692 (28 nos últimos sete días); en Madrid 8.925 (115 nos últimos sete días); en Melilla catro (unha nos últimos sete días); en Murcia 178 (catro nos últimos sete días); en Navarra 548 (oito nos últimos sete días); no País Vasco 1.596 (dous nos últimos sete días); e na Rioxa 387 (oito nos últimos sete días). 

Comentarios