viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

O 'Sansón vigués' lesiónase en 'Got Talent'

Santi Millán y Roberto Rodríguez.TELECINCO
Santi Millán y Roberto Rodríguez.TELECINCO

O galego Roberto Rodriguéz atouse a catro quads ás súas extremidades nun número que saíu mal

O programa de televisión Got Talent emitiu a noite do luns unha das súas emisións máis espectaculares e tamén máis polémicas. No ollo do furacán había un galego.

O protagonista e domanificado da historia foi Roberto Rodríguez, un dos homes máis fortes do mundo, tamén coñecido como 'o Sansón de Vigo', quen ostenta o título de home máis forte de España.

Este vigués, de 29 anos, dispúñase a levar a cabo o primeiro número fóra de estudio que se celebra no programa de Telecinco, o cal consistía en aguantar no chan mentres catro quads tiraban a cen por cada unha das súas extremidades. No entanto un "fallo técnico" fixo que o espectáculo acabase cunha onda de preocupación que aflixiu tanto ao público como ao xurado.

Risto Meijide foi un dos primeiro en ser crítico co programa. "Cústame moito ver á xente póndose ao límite deste xeito por conseguir un premio, comentou.

Rodríguez tivo que ser atendido por unha Uvi móbil no medio da súa fazaña e, tras a publicidade, Santi Millán comunicou á audiencia que o galego fora trasladado a un centro médico, pero que se atopaba ben. Ao parecer todo quedou nun susto e a eliminación do galego, que perdía así a oportunidade de pasar á final do concurso. 

A lenda do Sansón

Roberto Rodríguez naceu pesando 5 quilos e aos doce xa alcanzaba os 100. Pode dicirse que a natureza o premiou cun físico portentoso e unha forza innata, que soubo canalizar ata converterse no home máis forte de España.

Roberto Rodríguez, que aos seus 29 anos cumpridos pesa máis de 170 quilos e mide 1,84 e entre as súas fazañas, máis propias de Sansón que dun ser humano, está a de levantar 340 quilos ou mover mastodónticos camións de 16 toneladas. Incluso pode aparcar coches ‘a man' ou envorcalos, se quixese.

O 'Sansón vigués' lesiónase en 'Got Talent'
Comentarios