A sorprendente transformación de María Teresa Fernández de la Vega

A presidenta do Consello de Estado reapareceu cun irrecoñecible rostro que evidencia que volveu a pasar polo quirófano

María Teresa Fernández de la Vega, tras o seu paso polo quirófano. EFE
photo_camera María Teresa Fernández de la Vega, tras o seu paso polo quirófano. EFE

A presidenta do Consello de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, concluíu este martes a súa xira báltica tras unha visita ao Centro de Excelencia para a Ciberdefensa (CCDCOE) da OTAN, en Estonia. 

Nas fotografías dos seus encontros co primeiro ministro de Estonia, Jüri Ratas, e con outros políticos do país, Fernández de la Vega loce un rostro bastante cambiado que evidencia que volveu pasar polo quirófano.

A exvicepresidenta do Goberno na era Zapatero, de 69 anos, apareceu cuns pómulos máis pronunciados e unha expresión moi distinta á que adoitaba ter. 

María Teresa Fernández de la Vega con tan só un mes de diferenza. EFE

Comentarios