lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

O Supremo rebaixa notablemente as condenas polas agresións de Alsasua

Juicio de Alsasua. FERNANDO VILLAR (EFE)
Juicio de Alsasua. FERNANDO VILLAR (EFE)
A redución débese á non aplicación de varios agravantes

A Sala do Penal do Tribunal Supremo rebaixou de forma notable as condenas impostas pola Audiencia Nacional os oito mozos de Alsasua implicados na agresión a dous gardas civís e as súas noivas na madrugada do 15 de outubro de 2016. As penas quedan reducidas a entre 9 anos e medio de cárcere a máis alta e ata o ano e medio de prisión a máis baixa. 

A sentenza da Audiencia Nacional condenáralles a penas de entre 13 e 2 anos de cárcere por delitos de atentado a axentes da autoridade, lesións, desordes públicas e ameazas, aínda que non se lles condenou por delitos de terrorismo que si aparecían nos escritos de acusación da Fiscalía tanto en primeira instancia como en apelación. 

A redución de penas débese á non aplicación do agravante de discriminación, nin a de abuso de superioridade no caso do delito de atentado á autoridade, así como á supresión a 2 acusados dalgún dos delitos de lesións por falta de probas 

Doutra banda, considera o Supremo que existiu proba bastante e válida das agresións e lesións físicas e psicolóxicas causadas ás vítimas para condenar por delitos de atentado a axentes da autoridade, lesións, desordes públicas e ameazas. A resolución non foi unánime e dous maxistrados asinan un voto particular favorable a manter o agravante de discriminación.

O Supremo rebaixa notablemente as condenas polas agresións de Alsasua
Comentarios