O Supremo salva o último obstáculo para que o Goberno exhume a Franco

Considera que, a pesar da oposición do prior e a familia, a sentenza firme é suficiente
Sepulcro de Franco, ubicado en la basílica del Valle de los Caídos. JAVIER LIZÓN (EFE)
photo_camera Sepulcro de Franco, ubicado en la basílica del Valle de los Caídos. JAVIER LIZÓN (EFE)

O Supremo respondeu ao Goberno que a sentenza que avala a exhumación de Franco é "titulo lexítimo bastante" para acceder á basílica do Val do Caídos e proceder así a sacar os restos do ditador, de maneira que agora o foco ponse no Constitucional, ao que a familia recorreu.

Nunha providencia, a Sección Cuarta do Contencioso levantou tamén a medida cautelar que o propio tribunal estableceu en xuño contra o acordo do Goberno para sacar ao ditador da basílica de Cuelgamuros, que afectaba os procedementos aínda non resoltos da comunidade benedictina do Val, a Fundación Franco e a Asociación para a Defensa do Val dos Caídos.

Os maxistrados recordan que o articulo 118 da Constitución obriga a todos cumprir as sentenzas firmes, en alusión ao prior da abadía, que se nega a autorizar a entrada á basílica. 

Comentarios