"A tendencia do consumo de tabaco e cannabis vai en aumento cada ano"

Nun mundo no que os grandes lobbies neoliberais apostan pola legalización da marihuana e o haxix con obxectivos  puramente económicos, a saúde pública atópase nunha situación difícil na que crecen os tratamentos por adición 

O profesor Isorna, no vicerrectorado da Universidade de Vigo en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera O profesor Isorna, no vicerrectorado da Universidade de Vigo en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

UNHA DUCIA de estudantes universitarios do Campus de Pontevedra achegáronse o mércores pasado á Casa das Campás. Acudiron alí para coñecer ao profesor Manuel Isorna, un dos maiores expertos en consumo de drogas de abuso entre a xente nova a nivel nacional. A tarde foi moi enriquecedora. Unha posta ao día sobre haxix, marihuana e tabaco que todos eles agradeceron.

Vén a Pontevedra a informar...

O obxectivo principal é formar e informar aos estudantes da universidade e, en concreto, aos do Campus de Pontevedra, sobre as repercusións que ten o consumo de tabaco por un lado, de cannabis por outro, e especialmente cando se fai conxuntamente. A idea é romper mitos que hai sobre a inocuidade do consumo de cannabis, e desmontalos un a un coa evidencia científica. Trátase de que os alumnos desta universidade non se baseen no que lean en Google ou nas opinións da rúa, e que teñan información científica sobre as consecuencias deste consumo entre a poboación en xeral, e máis concretamente entre os seus familiares, amigos e neles mesmos.

Que é o que din os datos máis cercanos?

España é un dos países onde máis se consumen os derivados do cannabis en toda a Unión Europea, e se fuma case sempre mesturado con tabaco. Galicia está un pouco por debaixo da media, pero somos un dos países de Europa onde máis se consume.

En canto aos fríos datos, tampouco semellan bos.

A tendencia no consumo de canO profesor Isorna, no vicerrectorado da Universidade de Vigo en Pontevedra. javier cervera-mercadillo nabis vai claramente en aumento cada ano que pasa. No caso do tabaco, curiosamente, se ben é certo que ata o 2014, como consecuencia da aplicación da Lei Antitabaco, baixaba, agora estamos vendo un repunte no consumo da poboación en xeral, pero sobre todo nos máis novos, que é o máis preocupante. Moitos acabarán volvéndose dependentes da nicotina.

Unha das causas

"Hai canais de televisión e videoxogos que alentan o cultivo, o tráfico e o consumo de cannabis"

Cales son, segundo o seu criterio,as causas?

Son moitas. Primeiro, en canto ao cannabis, non hai ningún marco regulatorio que prohíba a venta de sementes e a publicidade. Teñen canais de televisión, hai videoxogos que alentan o cultivo, o tráfico e o consumo, hai unha crenza equivocada do que se chama cannabis terapéutico, algo que realmente non existe. O que hai son derivados cannábicos que se empregan a nivel terapéutico. A industria ten un poder case similar á do tabaco, está adquirindo á anterior e tamén ás multinacionais que fabrican sementes. O futuro é preocupante se non se toman medidas. As que se están tomando non son suficientes, porque as estatísticas así o amosan.

Factor importante

"Hai grandes grupos de presión que só pensan enrecadar cartos de calquera xeito a costa da saúde pública"

E nalgúns lugares crece a ‘moda’ de legalizar consumos.

Empezou o ‘boom’ con Uruguai, despois Canadá e Estados Unidos. En Europa semella que pasa todo o contrario. Holanda deu un paso cara atrás, pero hai grandes grupos de presión neoliberais que so pensan en recaudar cartos de calquera xeito, e para esas políticas a saúde pública é o de menos.

Comentarios