domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

¿E ti que animal ves? Un novo efecto óptico deixa perplexos os internautas

Un novo efecto óptico está a deixar perplexos a moitos usuarios das redes sociais. Esta vez non se trata de que cor ven o vestido da foto ou figuras xeométricas que paren moverse, senón de pescudar que clase de criatura é a que aparece na foto.

A instantánea non ten truco nin foi tratada con ningún programa de edición de imaxes e aínda así non deixa de ser desconcertante. Que se trate de tenreiro, un alieníxena ou ata un xabaril son algunhas das primeiras impresións ás que chegan aqueles que ven a foto por primeira vez. No entanto, trátase dun can que non ten nada de especial.

¿Aínda non o viches? Unha pista: pode que esteas a ver un fuciño onde en realidad hai unha orella.

¿E ti que animal ves? Un novo efecto óptico deixa perplexos os...
Comentarios