Unha turista denuncia ser violada por tres homes en Xirona

A muller, de nacionalidade francesa, foi trasladada ao Hospital de Palamós
Furgón dos Mossos d'Esquadra. EFE
photo_camera Furgón dos Mossos d'Esquadra. EFE

Unha turista de 27 anos denunciou ante os Mossos d'Esquadra ser agredida sexualmente na madrugada deste domingo por tres individuos, aos que non coñecía, na praia de Platja d'Aro (Xirona) ao saír dun pub desta localidade da Costa Brava.

Segundo fontes da investigación, sobre as 06.38 horas deste domingo os Mossos recibiron unha chamada que lles alertaba de que unha turista fora violada por tres descoñecidos na praia de Platja d'Aro.

Desprazáronse ata o lugar varias patrullas, e a vítima, unha muller francesa de 27 anos, explicoulles que saíra de festa cunha amiga, que estiveran en varios locais e que nun momento concreto ela saíu soa dun pub e tres descoñecidos abordárana.

Segundo o relato da vítima, os tres homes levárona pola forza ata a praia e alí agredírona sexualmente.

En canto puido, a vítima pediu axuda e quen a atenderon alertaron á policía do sucedido.

Tras escoitar o relato, unha ambulancia do Sistema de Urxencias Médicas (SEM) trasladou á muller ata o Hospital de Palamós e os Mossos abriron unha investigación e están a buscar posibles testemuñas dos feitos e imaxes de cámaras de seguridade que poidan ser utilizadas para identificar e localizar aos presuntos agresores.