O Vaticano investiga un sacerdote español do Opus Dei por abusos

Un mozo denunciou o pasado agosto a Manuel Cociña, aínda que os feitos remóntanse ao curso 2002-2003

Colexio Maior Almonte de Sevilla. GOOGLE MAPS
photo_camera Colexio Maior Almonte de Sevilla. GOOGLE MAPS

A Congregación da Doutrina da Fe da Santa Sé investiga ao sacerdote español do Opus Dei Manuel Cociña despois de que se presentase unha denuncia contra el por abusos en 2018.

Así o confirmou o Opus Dei a Efe, despois de que Relixión Dixital publicase que o sacerdote abusou de varios estudantes dun colexio maior sevillano despois de confesalos. 

Fontes do Opus Dei indicaron este mércores que o pasado agosto a prelatura recibiu unha denuncia de abuso sexual contra Cociña dun mozo que era maior de idade cando se cometeron os presuntos abusos -en Sevilla durante o curso 2002-2003- e que non teñen constancia de que haxa outros casos ou menores involucrados nestas prácticas delituosas.

Pouco despois de coñecer a denuncia, a prelatura ordenou o pasado setembro unha "investigación preliminar" e en outubro, como "medida cautelar", restrinxiu a actividade pastoral do sacerdote e prohibiulle tratar con menores de 30 anos.

Así mesmo, o Opus Dei sostivo que este expediente se remitiu á Congregación da Doutrina da Fe da Santa Sé, "onde se atopa en fase de estudo".

"Queremos manifestar a nosa proximidade e apoio ao denunciante, así como o máis completo rexeitamento cara a calquera abuso e a total colaboración para axudar a curar as feridas", concluíu o Opus Dei. 

Comentarios