A vella garda do PDeCAT quere que Guardiola sexa candidato á Generalitat

Pep Guardiola. KIERAN GALVIN (Efe)
photo_camera Pep Guardiola. KIERAN GALVIN (Efe)

Pep Guardiola é o favorito de Artur Mas e a vella garda do PDeCat para converterse en candidato á Generalitat. Segundo El Confidencial, xa houbo contactos co entorno do adestrador do Manchester City, que nas últimas datas non dubidou en facer un chamamento á "solidariedade internacional" tras a, ao seu xuízo, "inaceptable" sentenza do procés. 

Na operación retorno de Guardiola a España para iniciar unha carreira política tamén estarían implicados importantes empresarios vinculados ao independentismo. O obxectivo sería apartar ao tándem que forman Carles Puigdemont e Quim Torra para, unha vez convocadas eleccións, reverter con Guardiola a tendencia que apuntan as enquisas sobre unha hipotética vitoria de ERC.

Un dos grandes inconvenientes sería que a tempada co City acaba en xuño e as eleccións á Generalitat poderían convocarse antes.

Comentarios