O xuízo polo 'procès' arrincará o 12 de febreiro

Os presos foron trasladados a cárceres madrileños desde prisións catalás entre berros de "liberdade"

Manifestantes muestran su apoyo, este viernes a la salida de la prisión de Brians, a los nueve presos independentistas. QUIQUE GARCÍA (EFE)
photo_camera Manifestantes muestran su apoyo, este viernes a la salida de la prisión de Brians, a los nueve presos independentistas. QUIQUE GARCÍA (EFE)

A Sala do Penal do Tribunal Supremo fixou o inicio do xuízo contra os líderes independentistas polo procès soberanista en Cataluña o próximo 12 de febreiro, segundo informaron fontes xurídicas a Europa Press. 

O exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras; os exconselleiros Josep Rull, Jordi Turull, Raül Romeva, Dolors Bassa, Joaquim Forn, Meritxell Borràs, Carles Mundó e Santiago Vila; a expresidenta do Parlament Carme Forcadell; o expresidente da ANC Jordi Sànchez e o líder de Ómnium Cultural, Jordi Cuixart, sentarán no banco dos acusados polos delitos de rebelión ou sedición, malversación de caudais público e/ou desobediencia. 

Precisamente este venres, os nove acusados por rebelión que están en prisión preventiva foron trasladados a centros penais de Madrid desde os cárceres cataláns para que poidan estar xa a disposición do tribunal, tal e como sinalou unha providencia, e poder asistir a este xuízo que comezará en dúas semanas. 

Traslado entre berros de "liberdade"
A Garda Civil iniciou pouco antes das 9:30 horas o traslado desde o centro barcelonés de Brians-2 cara a Madrid, onde permanecerán nos cárceres de Soto del Real os homes, e en Alcalá Meco, as mulleres, mentres dure o xuízo do procés no Tribunal Supremo.

Os nove presos son trasladados nun autobús da Garda Civil, que partiu de Can Brians escoltado por vehículos dos Mossos entre berros de "liberdade" de numerosas persoas que se concentraron ás portas do centro penal e nas estradas próximas, convocadas polas entidades soberanistas.

Comentarios