O Camiño fala galego nunha Semana Santa atípica

Os poucos peregrinos que percorren a ruta estes días proceden da comunidade. Algúns albergues non abren e outros o fan con reserva
Jorge López, en Vigo de Sarria, con tres peregrinos galegos. VILA
photo_camera Jorge López, en Vigo de Sarria, con tres peregrinos galegos. VILA

Poucos peregrinos e practicamente todos galegos. é o resumo dunha Semana Santa atípica no Camiño de Santiago. A Oficina do Peregrino recibiu este xoves pola mañá a 58 persoas, nunha xornada festiva que noutras circustancias estaría en apoxeo.

Tanto na oficina de turismo de Sarria como na sede da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca constatan que os peregrinos que ven estes días proceden case na súa totalidade da comunidade galega, froito dos peches perimetrales.

"Atendemos xente de Friol, Vilalba, A Coruña, Arteixo...", explica Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño, que detecta un "pequeno repunte" na afluencia dos últimos días, pero moi lonxe das cifras habituais no Camiño Francés.

Segundo di, é a oportunidade para moitos galegos de redescubrir esta ruta de peregrinación. Algúns se decantan por usar o servizo do Xacobús e na súa maioría comezan no Cebreiro.

Desde alí partiron este xoves tres mozos, dous deles de Sarria e o terceiro de Santiago, que nun só día completaron os case 40 quilómetros que separan O Cebreiro de Sarria e que á súa chegada animaron a vivir esta experiencia.

Entre os poucos peregrinos que se deixaban ver pola Rúa Maior se contan dous veciños de Vitoria, quen percorren estes días a ruta xacobea cun carriño promocionando os produtos da súa terra.

á hora de aloxarse non atopan problema porque hai varios albergues abertos, pero non todos. Nunhas datas que normalmente viñan marcadas no calendario para a apertura xeneralizada, as restricións da pandemia fixeron que algúns prefiran esperar un pouco para abrir e que outros o fagan baixo reserva.

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios