O Camiño Norte será máis seguro en Mondoñedo

O Consello da Xunta aprobou obras por máis de 260.000 euros
Soportais da praza da catedral de Mondoñedo. J.M. ÁLVEZ
photo_camera Soportais da praza da catedral de Mondoñedo. J.M. ÁLVEZ

O Consello da Xunta aprobou este xoves o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade dos peóns nun tramo da antiga N-634, nos Xiros, que é a entrada dos peregrinos do Camiño Norte á cidade.

A actuación supón un investimento bianual de preto de 262.000 euros. "Actualmente as condicións deste último tramo da N-634 antes de acceder ao núcleo urbano de Mondoñedo, e especialmente na súa marxe norte, non son as axeitadas para garantir un tránsito peonil seguro", destacan desde a Xunta e detallan que carece de beirarrúas e iluminación pública e que os usuarios ven obrigados a circular polo bordo da estrada cando hai espazo ou pola propia vía se non hai beiravía.

As actuacións proxectadas neste traxecto son a ampliación da chaira, a pavimentación das beiravías e as beirarrúas, a iluminación e as canalizacións de drenaxe.

"O obxectivo que se pretende acadar coas obras proxectadas é unha mellora da seguridade viaria orientada ao tránsito peonil, xa sexan habitantes e veciños como peregrinos do Camiño Norte para converter esta antiga estrada nunha estrada e nun camiño seguros", destacan desde a Xunta.

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios