domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

A Deputación de Lugo apoia unha proba de mototurismo por rutas xacobeas da provincia

Presentación diante do Pazo de San Marcos. EP
Presentación diante do Pazo de San Marcos. EP
A iniciativa, que se celebrará o 29 de maio, está impulsada pola Asociación Motorista Lucense

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiará, a través da área de Deportes, a Ruta Castrexa, unha proba de mototurismo impulsada pola Asociación Motorista Lucense e que percorrerá, o vindeiro 29 de maio, distintas comarcas seguindo o trazado das rutas xacobeas na provincia.

A proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, conta cun percorrido de 450 quilómetros, con punto de saída e chegada en Lugo. Ao longo da xornada establécense dez puntos de selado e fotografía, lugares nos que as moteiras e moteiros terán que parar para acreditar que completan a proba.

Os puntos sitúanse no Museo Juan López Mella de Lugo, O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Friol, o Castro de Viladonga en Castro Riberas de Lea, Mondoñedo, Trabada, Os Baos en Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou onte na presentación diante do Pazo de San Marcos "o esforzo realizado pola Asociación Motorista Lucense por sacar adiante a proba e conseguir a súa inclusión no calendario estatal", manifestou, e subliñou a importancia dunha iniciativa "que crea sinerxias entre o deporte e o turismo".

No acto de presentación tamén estiveron Manuel Arias e Yolanda Vázquez, pilotos da asociación, que animaron a participar na proba e "coñecer paisaxes que doutro xeito non se coñecerían".

A Deputación de Lugo apoia unha proba de mototurismo por rutas...
Comentarios