jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

A exposición 'Percorrer o Tempo' sobre o Camiño de Santiago foi inaugurada en Lugo

Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
Un intre da inauguración. SEBAS SENANDE
É unha mostra sobre o Camiño e estará aberta ata o 2 de xaneiro de 2022

A exposición Percorrer o Tempo, situada na praza Horta do Seminario foi inaugurada na maña deste xoves con presenza de diferentes autoridades. A mostra amosa o Camiño de Santiago baixo a mirada de distintos artistas visuais.

A mostra está organizada pola Xunta de Galiza e Caixabank, e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

A mostra chega a Lugo tras o seu paso por A Coruña, onde permanecerá ata novembro. Abrirá o vindeiro 8 de novembro e permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro de 2022. Despois visitará Ourense, Vigo e Compostela.

O traballo fotográfico e audiovisual exponse en seis contedores de barco habilitados como salas de proxección, onde poden contemplarse  secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo.

A viaxe entre os diferentes contedores e contidos é un reflexo da propia viaxe dos autores para realizar os seus proxectos, así como o transitar propio do Camiño.

A exposición 'Percorrer o Tempo' sobre o Camiño de Santiago foi...
Comentarios