Finaliza a mellora da Vía da Prata ao seu paso polas parroquias do Castro e Bidueiros

Foi posible grazas a un investimento que acadou os 20.000 euros 
Un tramo da Vía da Prata ao seu paso por Dozón. TURISMO RÍAS BAIXAS
photo_camera Un tramo da Vía da Prata ao seu paso por Dozón. TURISMO RÍAS BAIXAS

A Vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia vén de rematar as obras de acondicionamento de varios treitos do Camiño de Santiago correspondentes coa Vía da Prata ao seu paso polas parroquias de San Salvador do Castro e Santa María de Bidueiros, no Concello de Dozón, grazas a un investimento de 20.000 euros ao abeiro da orde de axudas de mellora paisaxística e embelecemento das rutas xacobeas e da súa contorna.

Así, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, achegáronse este sábado pola mañá ata a zona beneficiaria para supervisar esta actuación, orientada a corrixir as deficiencias do firme nuns treitos de acusado desnivel que misturaban o firme de zahorra co existente en estado natural.

Luis López garantiu que haberá novas actuacións do Goberno galego para a mellora e embelecemento dos máis de 70 quilómetros das dúas rutas xacobeas que pasan pola bisbarra do Deza, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, e convidou aos concellos de Lalín, Silleda, Rodeiro e Dozón, que son polos que discorren estes percorridos, "a que aproveiten todas as oportunidades que se lle brindan dende a Xunta". 

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios