O Museo do Castro de Viladonga comeza as celebracións do 50 aniversario do xamento

Inaugura unha mostra que combina investigación histórica con poemas de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal
Un momento de la inauguración de la exposición.EP
photo_camera Un momento de la inauguración de la exposición.EP

O Museo do Castro de Viladonga iniciou a celebración do seu cincuenta aniversario dos traballos no xacemento coa inauguración dunha exposición sobre o Camiño Real do Norte, que recompila o traballo de campo e a investigación histórica realizada por esta entidade sobre a orixe dese itinerario, unha información científica que se combina na mostra con poemas de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este xoves esta mostra coa que a Xunta de Galicia pretende divulgar o patrimonio cultural e natural do tramo do Camiño de Santiago que une o Castro de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, coa cidade de Lugo, coñecido como Vía Rexia, dentro dos actos programados con motivo do Xacobeo 2021-2022 e do 50 aniversario do inicio das escavacións no xacemento.

Lorenzo recordou que esta exposición foi posible grazas ao traballo desenvolvido polo persoal do propio museo, grazas a unha "investigación histórica" e a un "intenso traballo de campo" para destacar a importancia dun trazado histórico "cun valor cultural e natural innegable e amplamente documentado". 

A través dun percorrido por nove paneis informativos e pezas audiovisuais, o visitante pode mergullarse neste tramo do Camiño Norte, "nun momento especialmente importante como o que estamos a vivir, en pleno Ano Santo, no que é necesario que entre todos nos esforcemos en divulgar e promover o rico patrimonio cultural que ofrece o Camiño", engadiu Lorenzo.

Durante este acto, o secretario xeral de Cultura recordou a importancia do Museo do Castro de Viladonga cando se cumpren cincuenta anos do inicio das escavacións neste xacemento, ademais de anunciar que a Xunta está a ultimar xa a programación para dar a coñecer en profundidade todo o traballo de investigación realizado durante ese tempo.

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios