Nace 'O Camiño Creativo', un proxecto para desenvolver negocios no ámbito cultural

Presentación de O Camiño Creativo. DEPUTACIÓN DE LUGO
photo_camera Presentación de O Camiño Creativo. DEPUTACIÓN DE LUGO
A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a presentación de O Camiño Creativo, un proxecto orientado ao desenvolvemento de negocios vinculados ao mundo da cultura.

Un total de 20 iniciativas participarán este ano na primeira edición deste "camiño para emprendedores creativos" que busca "fomentar o emprendemento no sector cultural", segundo resaltou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Campaña O Camiño Creativo"Esta iniciativa é unha oportunidade para apoiar aos novos creadores para que poidan desenvolver os seus proxectos e ideas", apuntou Lorenzo na presentación do proxecto impulsado por por a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España.

Así as cousas, este verán terá lugar a primeira edición desta iniciativa, apoiada pola Xunta, e que, ademais de pretender buscar novas vías de negocio para os creadores, tamén fixa como obxectivo "promover a difusión de coñecemento, a creatividade e o espírito emprendedor".

Os seleccionados percorrerán durante o mes de xullo o Camiño de Inverno desde Ponferrada (León) ao longo de dez etapas nas que poderán desenvolver a súa idea de negocio coa axuda de titores. Para iso, terán á súa disposición oito  tallleres formativos gratuítos para todos os asistentes.

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios