lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Redrum Teatro estreará na Mostra de Ribadavia '#2Pilgrims'

Sheyla Fariña y Guillermo Carbajo
Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo. EP
A obra está dirixida por Alex Sampayo, escrita por Fernando Epelde e protagonizada por Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña

Redrum Teatro estreará o vindeiro 21 de xullo no marco da Mostra Internacional de Ribadavia a súa nova produción: #2Pilgrims. A obra, que forma parte do programa O Teu Xacobeo da Xunta, está dirixida por Alex Sampayo e protagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.

Os dous intérpretes mesturarán sobre o escenario as súas traxectorias persoais coa ficción nun xogo escénico autorreferencial escrito por Fernando Epelde. Deste xeito, en #2Pilgrims atoparemos unha comedia de autoficción con grandes doses de absurdo que terá como pano de fondo o Camiño de Santiago para tratar temas como as novas masculinidades, o feminismo ou concienciación fronte á violencia de xénero. 

Con esta nova produción teatral, a décimo quinta da compañía, Redrum Teatro procurará achegarse á mocidade cos obxectivos de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero a través do teatro. Ademais, #2Pilgrims dedícalles unha especial atención aos múltiples efectos que as redes sociais levan anos exercendo na forma de relacionarse das novas xeracións e de establecer relacións socioafectivas, achegando ao tempo un cuestionamento crítico ao respecto do mal chamado amor romántico. Con todas estas metas e empregando a autoficción e a comedia como principais recursos, #2Pilgrims tomará como punto de partida o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo para trazar un itinerario escénico pola reflexión, a sensibilización e a igualdade.  

A compañía inicia este lunes os ensaios no Auditorio Municipal Constante Liste da Ramallosa (Teo), espazo no que durante as próximas semanas desenvolverá unha residencia artística de cara á estrea o 21 xullo do espectáculo e á súa posterior xira ao longo de 2021, que inclúe paradas como Triacastela (28 de xullo), Mondoñedo (29 de xullo), Rois (30 de xullo), Castroverde (31 de xullo), Rodeiro (1 de agosto), As Neves (3 de outubro), Vilalba (6, 7 e 8 de outubro), Oroso (15 de outubro), Cambre (24 de outubro), Muxía (27 de novembro) ou Padrón (10 de decembro). 

Redrum Teatro estreará na Mostra de Ribadavia '#2Pilgrims'
Comentarios