Unha galega de 85 anos completa o Camiño a un ritmo de case 30 km por etapa

"Sentinme moi contenta por chegar e por chegar ben", declarou Inés Ojea 
Inés Ojea, en la Praza do Obradoiro. EP
photo_camera Inés Ojea, en la Praza do Obradoiro. EP

Inés Ojea ten 85 anos, unha idade que ela en ningún momento considerou un impedimento para facer o Camiño de Santiago desde Sarria ata Compostela en tan só cinco xornadas, algunha delas de case trinta quilómetros e ao ritmo das súas dúas compañeiras de viaxe, a súa única filla e unha sobriña.

Inés vive en Monterroso coa súa cuñada Trini e está afeita camiñar. De feito, como a saúde a respecta e é unha muller sumamente activa, percorre cada día entre catro e seis quilómetros.

Aínda que en principio pensou que "se cadra non daba andado", cando soubo que as "rapazas" ían facer o Camiño de Santiago –polo trazado Francés–, decidiuse a acompañalas porque xa estivera "dúas veces coa parroquia" na capital galega, visitando a catedral, e chamáballe "moito a atención volver".

Unha vez realizados os preparativos, as tres compañeiras de camiño empezaron a camiñar o pasado sábado en Sarria e en cinco xornadas chegaron a Santiago, completando os cen quilómetros necesarios para obter a Compostela.

Unha das etapas foi todo un reto para Inés, pois camiñou nun só día "case 29 quilómetros entre Palas de Rei e Arzúa", unha distancia que seguramente moitas persoas máis novas non poderían completar con tanta solvencia.

"Atopeime bastante ben", dixo a Efe, "o fomos levando con bastante normalidade".

Este mércores, día 29 de setembro, chegou por fin a Santiago de Compostela. "Sentinme moi contenta por chegar e por chegar ben", recoñece Inés, quen tivo que esperar unha longa cola para conseguir a ansiada Compostela. Había 135 persoas diante dela e dos seus acompañantes.

Logo de facer noite en Santiago, este xoves puido por fin visitar a cripta onde están enterrados os restos do Apóstolo, momento que aproveitou para pedir "moita saúde para a súa familia e para todos os amigos".

Di que lle gustaría repetir a experiencia. "Se o penso agora, creo que si", asegura. En todo caso, a posibilidade de percorrer a ruta xacobea noutra ocasión depende de moitas circunstancias que teñen que volver conxugarse.

Mentres madura esa esperanza, goza do final do Camiño cunha visita guiada por Santiago e fía o futuro a unha idea que todos poderiamos compartir: "A ver como pasamos o"ano .

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios