jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

'Vexo, veo Xacobeo' difundirá o patrimonio do Camiño en dez colexios galegos

Presentación de 'Vexo, veo Xacobeo' este mércores en Pontevedra. XUNTA
Presentación de 'Vexo, veo Xacobeo' este mércores en Pontevedra. XUNTA
Trátase dun programa piloto que comezará na provincia de Pontevedra e que se ampliará a toda Galicia a partir do próximo curso

Dez colexios da provincia de Pontevedra acollerán, entre o 19 de maio e o 17 de xuño, o programa piloto 'Vexo, veo Xacobeo', para divulgar, sensibilizar e promocionar o patrimonio dos Camiños de Santiago a través do conto, a lectura e a teatralización. 

A Casa das Campás de Pontevedra acolleu este mércores a presentación deste programa piloto que persegue achegar a cultura e o fenómeno xacobeo ao público infantil. Ao acto asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o secretario xeral de Educación, José Luís Mira, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e o vicerreitor do Campus de Pontevedra Jorge Soto. 

"O que non se coñece non se pode protexer, amar nin promover", asegurou durante o acto Nava Castro, quen destacou que a iniciativa pretende a recuperación do patrimonio inmaterial e achegar o intercambio cultural a través da tradición oral aos nenos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. 

'Vexo, veo Xacobeo' chegará inicialmente a preto de 250 nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos de colexios públicos dos concellos da Guarda, Oia, Baiona, Nigrán, Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Caldas de Reis e Valga, que profundarán no Camiño Portugués e no Portugués pola Costa. 

Con todo, o proxecto nace con vocación de continuidade e de ampliarse a toda Galicia a partir do próximo curso. "Este vai ser un precioso ensaio do que queremos que teña continuidade nos próximos cursos académicos", anunciou Nava Castro, "porque queremos que se integre no Plan Proxecta e se incorpore esta iniciativa á súa programación, como parte do desenvolvemento das competencias craves dos programas educativos e no que se inclúe a educación en valores". 

'Vexo, veo Xacobeo' difundirá o patrimonio do Camiño en dez...
Comentarios