Adianto do Táboa Redonda deste domingo ►'Un luxo ignorado'

Táboa Redonda
photo_camera Táboa Redonda
Nicolás Carreira analiza o cine de Pedro Almódovar, un realizador que fusiona o desexado e o desprezado por medio de emocións desmedidas. Ramón Rozas marabíllase con ‘O pacto do Letargo’, o combate entre o ben e o mal de Miguelanxo Prado. Portorosa pregúntase por que se habitan os polos e os desertos. Javier Nogueira avoga por unha igualdade social de oportunidades baseada na educación a raíz dunha lectura de César Rendueles. Manuel Gago le un ensaio sobre beber alcohol en países musulmáns e asiste á representación de ‘O charco de Ulises’ para relacionar ambas experiencias. Jaureguizar asiste en Compostela ao cambio de casa das escritoras Lupe Gómez e Berta Dávila.