Alfred: "Amaia e eu temos que darnos un tempo... musicalmente falando"

A gañadora de 'OT' non colaborará no disco que está a preparar o catalán que levará por título '1016'

Amaia y Alfred, este jueves en Lisboa. RTVE
photo_camera Amaia e Alfred, en Lisboa. RTVE

O cantante Alfred García, que representou a España no pasado festival de Eurovisión xunto á súa parella Amaia Romero, afirmou este martes que coa súa compañeira "témonos que dar un tempo... musicalmente falando", polo que en principio non colaborará no disco que está a preparar, que se titulará 1016.

Nunha entrevista na emisora RAC1, Alfred pediu que lles deixen "un pouco de espazo" na súa relación musical tras a súa actuación en Eurovisión, onde quedaron nunha discreta vixésimo terceira posición de 26 participantes.

Aínda que a súa clasificación no festival non cumpriu as expectativas, Alfred dixo que para eles a actuación foi "un momento moi emocionante e moi bonito", aínda que non a volveu a ver en televisión "porque se o vexo será unha cousa moi diferente ao que eu sentía, e prefiro recordalo como o vin eu cos meus propios ollos".

Respecto dos comentarios que xerou o feito de que a actuación non finalizase cun bico, como esperaban moitos dos seus fans, considerou que "non era tan importante facerse un bico ou non; queriamos que nos recordasen máis como músicos ou como cantantes que como parella", aínda que precisou que non pactaran nada e que "se saía, saía, pero non foi así".

Sobre o disco que prepara, avanzou que se titulará 1016, porque é o número que lle adxudicaron no casting de Operación Triunfo, e engadiu que, antes de lanzalo, fará unha xira previa de concertos, que se denominará 1016 is coming, para comprobar "o feedback do público".

Sobre este traballo, que aínda non ten data de publicación, sinalou que se encerrou dúas semanas nun estudo do Masnou (Barcelona) onde gravou todas as maquetas para "comezar a facer o disco cun gran produtor que traballou con xente moi top".

Comentarios