Antón Fraguas e Carvalho Calero, candidatos para o Día das Letras 2019

A RAG decidirá a próxima semana quen será o homenaxeado

Ricardo Carvalho Calero e Antón Fraguas, retratado por Manuel Matas. RAG - MUSEO DO POBO GALEGO
photo_camera Ricardo Carvalho Calero e Antón Fraguas, retratado por Manuel Matas. RAG / MUSEO DO POBO GALEGO

O Pleno da Real Academia Galega decidirá o sábado 7 de xullo quen será a personalidade homenaxeada o Día das Letras Galegas de 2019 entre as dúas propostas rexistradas, Ricardo Carvalho Calero e Antón Fraguas Fraguas.

No primeiro plenario despois da celebración do Día das Letras Galegas, a corporación debe elixir a persoa a quen se lle dedica o seguinte 17 de maio, tal e como informou a institución en nota de prensa.

A Real Academia Galega creou o Día das Letras Galegas en 1963. Desde aquel ano, dedicado a Rosalía de Castro, esta festa da cultura vén desenvolvéndose sen interrupcións e converteuse nunha celebración de referencia

O regulamento da Real Academia indica que a figura homenaxeada debe ser autora dunha obra relevante en galego e uncha "persoa de calidade cultural e humana que mereza proporse como exemplo á sociedade galega de hoxe".

Ademais, a normativa fixa igualmente que deben pasar polo menos dez anos desde a morte das persoas proposta.

Comentarios