Aquí tes o cartel por días do Resurrection Fest, que confirma a King Diamond

Este venres saen á venda as entradas por días, tras esgotarse xa os abonos

Cartel del Resurrection Fest. EP
photo_camera Cartel del Resurrection Fest. EP

King Diamond será cabeza de cartel do Resurrection Fest o sábado 5 de xullo. O danés únese así a Slayer e Slipknot entre os máis grandes nomes do festival galego, que este martes desvelou ademais a súa programación por días. 

Á cita súmanse tamén nomes como The Adicts, Municipal Waste, Bury Tomorrow, Toundra, Devil in me e Kause 4 Konflikt. O festival celébrase do 3 ao 6 de xullo en Viveiro.

Este venres ás 12.00 horas sairán á venda as entradas de cada día, cun prezo de 75 euros máis gastos para xoves e sábado, 85 euros máis gastos para o venres, e 12 euros máis gastos para o mércores, día da festa de presentación. Ao estar os abonos xa esgotados, será o último xeito de poder asistir ao festival. 

O amplo cartel do Resu conta tamén con Parkway Drive, Arch Enemy, Gojira, Within Temptation, Trivium, Lamb of God, Crystal Lake, Testament, Millencolin, Converxe e Ignite, entre outros moitos. Toda a información, en www.resurrectionfest.es.

Comentarios