jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

'O que arde' supera xa os 50.000 espectadores

Oliver Laxe y los actores de 'O que arde' en Navia de Suarna. ELISEO TRIGO
Oliver Laxe y los actores de 'O que arde' en Navia de Suarna. ELISEO TRIGO
A película de Oliver Laxe encara a cuarta semana en carteleira con cifras de récord

A terceira longametraxe de Oliver Laxe, O que arde, alcanzou xa os 50.000 espectadores que acudiron ás salas de cinema para gozar da historia de Benedicta e Amador neste drama centrado nos Ancares, que xa se encamiña á súa cuarta semana en carteleira. 

Esta obra, distribuída por Númax, logrou facerse co premio do xurado na sección Un certain regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes, con boas sensacións e unha boa acollida por parte do público após a súa estrea. 

O que arde conta a historia de Amador (Amador Arias), un home que regresa ao fogar familiar, nunha aldea perdida nas montañas de Galicia, após cumprir condena por unha acusación de piromanía. 

De volta a casa, Amador convive coa súa nai, Benedicta (Benedicta Sánchez), con quen mantén un vínculo férreo e silente, e así durante a historia nai e fillo intercambian apenas unas poucas frases, pero todas elas con mensaxes esenciais. 

O que arde é unha melodrama sobre o lume e emocións intensas, e busca ser un retrato extremo dun rural español en vías de desaparición, do seu carácter rudo e tenro á vez, excesivo e sereno por igual; un retrato da súa desmesurada e paradoxal beleza, unha beleza que non sabe de equilibrios. 

A vida de nai e fillo transcorre pausadamente ao ritmo bucólico do campo, ata que unha noite un incendio arrasa a comarca e prende nos seus habitantes, que se ceban sobre un indefenso Amador

'O que arde' supera xa os 50.000 espectadores
Comentarios