martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

Campo Vidal: "¡Qué honor que te premie un periódico que sigue pareciendo un periódico en estos tiempos!"

Campo Vidal, escoltado por José de Cora y Blanca García Montenegro. ELISEO TRIGO
Campo Vidal, escoltado por José de Cora y Blanca García Montenegro. ELISEO TRIGO

O presidente da Academia da Televisión recibe o premio Puro Cora no seu 25º aniversario

O xornalista Manuel Campo Vidal recibiu este mércores en Lugo o Premio Puro Cora no seu 25º aniversario nun acto celebrado nas instalacións de O Ceao de El Progreso no que participaron persoeiros da vida social, política e cultura da provincia de Lugo e de toda Galicia.

O acto comezou da man do director xeral de El Progreso, José de Cora, que leu a acta do xurado, formado nesta edición por Blanca García Montenegro (presidenta), José de Cora (secretario), Lois Caeiro, Miguel Ángel Rodríguez, Pedro Pérez e Alfonso Riveiro. Os membros do xurado quixeron destacar o papel do xornalista como "mediador" no eido político e pola súa propia actividade pública como informador.

Campo Vidal, que recibiu de mans de Blanca García Montenegro, presidenta de El Progreso, o seu galardón, empezou o seu discurso bromeando cos sentimentos que lle esperta recibir un recoñecemento como este a toda unha carreira. "Cuando te dan un premio a la trayectoria te sitúan en el tiempo de descuento", destacou, para proseguir destacando a honra que lle fai ser premiado por "El Progreso, que es un periódico que se parece a un periódico en un momento en el que no muchos medios pueden decir esto". Campo Vidal matizaba a súa aseveración enumerando os grandes retos aos que se enfrontan os xornais hoxe en día, "en un mundo de noticias falsas, de falta de claridad" ademais de destacar a pervivencia do xornal ao carón dos seus lectores "a través de 110 años de historia en los que el periódico ha visto nacer la radio, dos dictaduras, una república y la actual democracia".

Pola súa banda, Blanca García Montenegro centrou o seu discurso na "reivindicación del editor y la empresa periodística independiente" como garantes da democracia e do progreso social nun tempo no que "se necesita más debate y más pluralidad". Co gallo da celebración deste 25 aniversario, a presidenta de El Progreso quixo ter no seu nome e nos dos seus fillos ter un recordo para Puro Cora: "Es de justicia hacer presente su memoria porque toda su vida estuvo dedicada en plenitud al periodismo".

Finalmente, o acto pechouno o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cuxa intervención pivotou sobre una reflexión que aunou a relación entre a credibilidade e o xornalismo entorno ao premiado e o propio xornal El Progreso. "Equilibrio, objetividad y moderación son las virtudes que se requieren para recibir este premio que recibe este gallego consorte", sinalou en castelán dirixíndose ao premiado. "Si no hubiese reunido todas esas condiciones no habría sido el árbitro de los principales debates electorales de España". Feijóo pechou a intervención facendo súas as verbas de Campo Vidal para agradecerlle a García Montenegro que "El Progreso siga sendo un xornal que se parece a un xornal".

Campo Vidal: "¡Qué honor que te premie un periódico que sigue...
Comentarios