miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

UNHA SEGUNDA FUNCIÓN NUN DÍA

'Carapuchiña Vermella' estará este sábado en Santigo con doble sesión

Os personaxes de carapuchiña vermella
Os personaxes de carapuchiña vermella
O teatro La Salle acollerá dúas representación desta adaptación do conto dos irmáns Grimm

EducaTeatro Producións trae este sábado 9 de abril unha dobre sesión do seu novo espectáculo Carapuchiña Vermella ao teatro La Salle de Santiago de Compostela. Trátase dunha adaptación do clásico dos irmáns Grimm que moderniza a historia e os personaxes do conto cunha banda sonora orixinal composta por sete cancións.

A proposta mestura teatro de actor co manexo de monicreques de voz en directo.

As cancións que constan na obra transmiten aos máis pequenos valores como a ecoloxía e a igualdade, ao tempo que ensina a reciclar ou as profesións.

Nesta nova versión, EducaTeatro incorpora certos elementos do mundo contemporáneo, como as conversas dos protagonistas a través do Whatsapp ou algúns títulos literarios de moda que a avoíña le placidamente na súa cama.

Ademais dos personaxes tradicionais, a adaptación inclúe a Plácido, o escritor que coa axuda dos máis pequenos irá desgranando os misterios deste clásico, e a Lobiño, o fillo do Lobo que se fai amigo de Carapuchiña e xoga con ela.

Espectáculo participativo

O espectáculo, destinado a cativos maiores de dous anos, require unha continua participación do público. Ademais, para rachar a cuarta parede, á entrada ao teatro repartiráselle a cada neno unha careta dobre –coa cara de Carapuchiña e mais a do Lobiño– para que a empreguen nun determinado momento da función.

Logo da función, haberá disponible un Photocall para as familias, situado no vestíbulo do teatro para facer fotografías coa Carapuchiña, a avoa, o Lobiño… e os máis valentes, tamén co Lobo.

'Carapuchiña Vermella' estará este sábado en Santigo con doble sesión
Comentarios