Carlos Baute e Marta Sánchez volverán gravar un éxito xuntos dez anos despois

Te sigo pensando será o novo hit do dúo que cultivou o éxito con Colgando en tus manos

Carlos Baute y Marta Sánchez. AEP
photo_camera Carlos Baute y Marta Sánchez. AEP

Carlos Baute e Marta Sánchez reencontraranse musicalmente unha década despois do éxito da canción Colgando en tus manos nun novo tema, Te sigo pensando, que verá a luz o 9 de novembro.

Baute fíxose eco este martes nas súas redes sociais desta nova colaboración coa cantante madrileña, superadas aparentemente as diferenzas que esta evidenciou hai anos nunha entrevista televisada.
 

Foi en 2014 cando Marta Sánchez lamentou a escasa remuneración percibida polo éxito de Colgando en tus manos, 6.000 euros, a pesar do éxito do tema, que foi número 1 en España, México e na lista Latin Pop en EE UU.

"A min non me cadraba, pedín o contrato e dixéronme que mellor estivese caladiña", confesou a cantante, quen tamén criticou que o seu compañeiro non se interesase máis por ela nese aspecto.

Esas declaracións tiveron resposta de Carlos Baute: "Moi sorprendido polas túas inxustas, desacertadas e ata ofensivas palabras", escribiu na súa Twitter.

"Carlos, sempre estarei agradecida ata a morte por facer ese exitazo que gravamos xuntos. Perdóame se nalgún momento sentouche mal algunha cousa que poida dicir", dixo a intérprete española só unhas semanas despois noutra aparición en televisión, intentando emendar a polémica previa.

Comentarios