Concha Velasco, ingresada nun hospital da Coruña

A veterana actriz sufriu unha indisposición que a obrigou a suspender a súa función no teatro Rosalía de Castro

Concha Velasco anuncia su retirada. NACHO GALLEGO
photo_camera Concha Velasco anuncia su retirada. NACHO GALLEGO

A actriz Concha Velasco, de 78 anos, permanece ingresada nun hospital da Coruña despois de que este domingo sufrise unha indisposición que a obrigou a suspender unha función programada no Teatro Rosalía de Castro.

A veterana actriz protagoniza El funeral, unha comedia dirixida polo seu fillo Manuel M. Velasco. O teatro busca data para recolocar o espectáculo e para informar o proceso de devolución do importe das entradas se os espectadores non puidesen asistir.

Comentarios