viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

O Culturgal, o Teatro Rosalía e o Gaiás encabezan a lista de insignias "culturais" de Galicia

Culturgal. ARQUIVO
Culturgal. ARQUIVO

O Curturgal de Pontevedra, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña e a Cidade da Cultura de Santiago encabezan a lista de "insignias culturais" de Galicia no informe do Observatorio da Cultura 2019 presentado pola Fundación Contemporánea. En total, o ranking da comunidade inclúe 15 propostas de oito cidades, e entre elas hai varias lucenses.

Na elaboración do estudo participaron 499 membros dun panel de profesionais da cultura, que responderon entre decembro de 2019 e xaneiro de 2020 un cuestionario avaliando a actividade cultural de comunidades autónomas e cidades. 

A partir de aí, ademais das tres primeiras clasificadas, na listaxe tamén figuran —por esta orde— Cineuropa e a película de Óliver Laxe O que arde. Ocupan os seguintes postos, empatados, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña; o Resurrection Fest, en Viveiro; o Festival Noroeste; o Sinsal de San Simón; o WOS Festival (Santiago de Compostela), e o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Séguenos o Festival de Cans, Festival dos Eidos (O Courel), o Auditorio de Galicia e Curtocircuito, ambos en Santiago. 

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), que é o único representante de Galicia no ranking estatal —no posto 66—, non figura na listaxe da comunidade.

No ámbito estatal encabezan a clasifición tres museos: o do Prado, a Reina Sofía e o Guggenheim. Atendendo ao estudo, Madrid, País Vasco, Cataluña, Andalucía e Comunitat Valenciana son as comunidades máis destacadas pola calidade e innovación da súa programación cultural.

O Culturgal, o Teatro Rosalía e o Gaiás encabezan a lista de...
Comentarios