Dani de la Torre dirixirá unha serie para Movistar+

O director de cine galego volve traballar neste proxecto con Alberto Marini, guionista de 'El desconocido'

Dani de la Torre. TOÑO PARGA
photo_camera Dani de la Torre. TOÑO PARGA

O director galego Dani de la Torre atópase inmerso nun novo proxecto audiovisual. Trátase dunha serie de xénero policíaco que se emitirá en Movistar+.

É a primeira serie que dirixirá o cineasta monfortino, que se rodeou de compañeiros de confianza neste novo proxecto: Alberto Marini, guionista de El Desconocido, escribiu a serie e Vaca Films, compañía coa que fixo as súas dúas películas, produce o traballo.

Segundo avanza Fotogramas, a serie rodarase en varias cidades españolas –entre elas A Coruña e Barcelona– e tamén no estranxeiro.

Comentarios