lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Eladio y los Seres Queridos, Kokoshca e Oh! Ayatollah, no Ribeiro Son de Viño

Oh! Ayatollah. EP
Oh! Ayatollah. EP

O festival celebrarase o próximo 13 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove

Eladio y los Seres Queridos, Kokoshca, R.E.A.L., Lois, Santi Araújo e Oh! Ayatollah protagonizarán o Ribeiro Son de Viño 2019, que se celebrará o próximo 13 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. 

O festival, que naceu para unir viños da denominación de orixe Ribeiro coa música feita en Galicia, presentou este mércores en Ourense a súa sexta edición. 

No acto participou o presidente da C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares; a organizadora do festival, Cristina V Mirada; e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, entre outros. 

Neste escenario, a organización informou de que 2019 é o ano da expansión da marca Ribeiro Son de Viño coa creación de dous novos eventos na Coruña e Nigrán. 

Así, o primeiro deles terá lugar o día 28 de xullo no Pazo de Cea, en Nigrán mentres que o segundo será o 24 de agosto na Fundación Seoane da Coruña e contará coa participación de Ortiga, Auto Sacramental e Pardo, entre outros artistas. 

Eladio y los Seres Queridos, Kokoshca e Oh! Ayatollah, no Ribeiro...
Comentarios