Emma Suárez e Alba Galocha rodan 'Néboa' no Ortegal

A modelo galega ficha por unha nova serie de misterio de TVE

descarga
photo_camera Nancho Novo, Emma Suárez e Alba Galocha na rodaxe de Néboa. RTVE

A serie de misterio Néboa, ambientada no Entroido, comezou este mércores a rodaxe en localizacións da Coruña, con Emma Suárez nun dos papeis principais, segundo informa RTVE nunha nota.

Trátase dunha produción da cadea xeneralista, que conta ademais con intérpretes como Nancho Novo, Alba Galocha, Morris, Denisse Peña, María Vázquez e Eva Fernández, entre outros.

A serie ródase en localizacións naturais, como cabo Ortegal, Estaca de Bares, O Barqueiro, Ortigueira e Cariño, unha zona especialmente agreste onde o Atlántico se atopa co Cantábrico, onde se atopan os cantiis máis altos da Europa continental.

Creada polos guionistas Xosé Morais, Víctor Sierra e Alberto Guntín e dirixida por Gonzalo López-Gallego, Jorge Saavedra e Manu Gómez, a serie arrinca a primeira noite de Entroido na illa de Néboa, cando aparece o cadáver dunha adolescente na cova do Burato do Inferno, un lugar rodeado de lendas. Alí mesmo, en 1909 e en 1919, xa apareceran corpos asasinados da mesma forma e en ambas as ocasións, os crimes foron o inicio dunha serie de cinco asasinatos durante os oito días de entroido. Asasinatos que nunca se chegaron a resolver.

Mentres a crenza popular é que o asasino é o Urco, un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar aos vivos —unha das figuras representativas do Entroido de Néboa—, para a Garda Civil ha comezado a conta atrás.

Dúas das súas investigadoras, Mónica (Emma Suárez) e Carmela (Isabel Naveira) tratarán de pescudar quen comete asasinatos desde fai máis de 100 anos.

Comentarios