lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Esgotadas as entradas para o día de Lenny Kravitz no Son do Camiño 

Lenny Kravitz. EFE
Lenny Kravitz. EFE

Aínda quedan billetes para as xornadas do xoves e o venres 

O festival O Son do Camiño sacou este mércores á venda as entradas por días e en poucas horas esgotáronse as do día 30 de xuño, sábado, o que encabeza Lenny Kravitz, xunto a artistas e grupos como Martin Garrix, Mando Diao ou León Benavente. 

Tras esgotar os abonos para todo o festival, agora xa non quedan entradas para o día 30, aínda que aínda hai algúns billetes individuais para as xornadas do xoves e venres. 

A xornada do xoves, 28 de xuño, contará coas actuacións de The Killers, Franz Ferdinand e Triángulo de Amor Bizarro, entre outros. Pola súa banda, o venres, 29 de xuño, subirán ao escenario artistas como Jamiroquai, Two Door Cinema Club e Malandrómeda. 

Esgotadas as entradas para o día de Lenny Kravitz no Son do Camiño 
Comentarios