Falece aos 31 anos a xornalista Paula Abraldes

Era natural de Ribeira e traballou en La Voz de Galicia, tamén na TVG e en varios departamentos da Xunta

Paula Abraldes Ramallo, xornalista do concello coruñés de Ribeira, faleceu este mércores aos 31 anos de idade despois de loitar contra unha enfermidade que no seu caso foi irreversible. Malia a súa xuventude contaba cunha ampla experiencia profesional, pois traballou en La Voz de Galicia, presentou o programa 'Tolemias' na TVG e estivo nos gabinetes de prensa en varias consellerías da Xunta de Galicia.

Paula Abraldes, de quen os seus compañeiros lembran o seu sorriso e a súa preocupación polos demais, estudara Xornalismo na universidade Complutense de Madrid. Tamén era afeccionada ao teatro e chegou a escribir textos e a facer algún papel como actriz.

O seu pasamento a idade tan temperá causou unha profunda consternación entre os seus compañeiros e entre toda a profesión xornalística galega.

Comentarios