Falece aos 35 anos o actor e músico galego Esteban Yáñez

Foi coñecido na súa infancia polo seu papel na serie Pratos Combinados e polo personaxe de Arroz Hacker no Xabarín Club
Esteban Yáñez. EP
photo_camera Esteban Yáñez. EP

O actor e músico galego Esteban Yáñez (Ferrol, 1984) faleceu aos 35 anos de idade. Foi coñecido na súa infancia polo seu papel na serie Pratos Combinados, así como polo personaxe de Arroz Hacker no Xabarín Club

Numerosas persoas e entidades transmitiron as súas condolencias a través das redes esta xornada, entre eles o Festival de Cans e o xornalista e codirector de Luzes, Xosé Manuel Pereiro, quen informa de que Yáñez formaba parte do comité de redacción. 

Comezou a súa carreira no audiovisual en 1997 como protagonista dun anuncio para o Xabarín Club. Co personaxe de Arroz Hacker foi presentador deste espazo e pasou a ser coñecido por toda unha xeración de nenos e adolescentes en Galicia ao falar de temas como banda deseñada e series de animación. 

Yáñez estaba enfermo desde hai anos, segundo relataba el mesmo a través da súa conta de Twitter (@Snob), na que era moi activo. Na súa última mensaxe informaba tamén que contraera o coronavirus. 

Comentarios