Fangoria actuará o 24 de xullo en Castrelos

O grupo de Alaska e Nacho Canut presentará o seu último traballo, Extrapolaciones y dos preguntas. 1989-2000

Fangoria. DP
photo_camera Fangoria. DP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este mércores unha nova confirmación para o programa de concertos de verán no auditorio de Castrelos, a de Fangoria, que actuará o 24 de xullo ás 23.00 horas.

O grupo de Alaska e Nacho Canut presentará o seu último traballo, Extrapolaciones y dos preguntas. 1989-2000.

A de Fangoria é a quinta confirmación dos concertos de verán en Castrelos, auditorio que acollerá o 17 de xullo a actuación de Lauryn Hill, exlíder de Fugees, o día 23 de Tom Jones, o 29 de Roger Hodgson, exvocalista de Supertramp, e o 1 de agosto de Thirty seconds to Mars, a banda do actor Jared Leto e do seu irmán Shannon. 

Comentarios